Diada de Sant Jordi

Rosas nun posto durante o Sant Jordi de 2023.
O ambienta na Rambla de Barcelona no Sant Jordi de 2007.

A Diada de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril cadrando co Día do Libro e a Feira da Rosa, símbolos da cultura e do amor,[1] e tamén é un día que reivindica a cultura catalá[2] e tamén, a través do trigo, o esforzo de todo un pobo. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella en representación do "sangue do dragón" á amada. Na década de 1930 engadiuse o costume de regalarlle un libro ao rapaz, con motivo do Día do Libro. O mesmo día tamén é o Día Nacional de Aragón.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome culturcat
  2. Institut de Cultura de Barcelona (ed.). "Cultura popular de Barcelona". Consultado o 24 de abril de 2023. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search